Categoría: Concello de Oleiros

O Concello de Oleiros agarda que o Ministerio de Fomento contrate a obra de Sol y Mar en 2018

O Concello de Oleiros congratúlase de que por fin se aprobe o segundo proxecto para realizar a obra de Sol y Mar que leva demandando durante tantos anos o Goberno municipal, o cal conseguiu os terreos necesarios para a realización deste proxecto grazas ás cesións de particulares ao Concello. A alegría é parcial e non será …

María Míguez presenta a súa obra A Trazos na Biblioteca Ánxel Fole de Nós

O vindeiro venres día 15, ás 19:00 horas, preséntase o libro A trazos de María Míguez na Biblioteca Ánxel Fole de Nós. O poemario, publicado pola editorial Piediciones, é un  libro que mestura lírica e ilustracións. A trazos recolle letra e imaxe nun continuo diálogo que dá sentido á esencia deste poemario. Conta co prólogo de …

Todas as corais do municipio participan o domingo no tradicional Concerto de Nadal

O domingo ás 19:30 horas celébrase o Concerto de Nadal de Corais do municipio no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera. A Coral Polifónica de Mera, a Coral Polifónica Airiños de Nós, a Coral Polifónica Lembranzas de Santa Cruz, o Coro Tradicional Dorna e o Coro de Oleiros interpretarán diversas panxoliñas e unha última peza conxunta. …

O Club Voleibol Oleiros organiza un concurso para escoller o logo do seu décimo aniversario

O Club Voleibol Oleiros está a levar a cabo un concurso de logos para escoller o anagrama conmemorativo do seu décimo aniversario. As persoas interesadas en participar poden facelo ata o día 22 de decembro. Tal e como establecen nas bases, os traballos consistirán na presentación dun logotipo integral, é dicir, un símbolo que faga algún …

Papa Noel visitará o sábado o Mercado Municipal de Perillo

Oleiros, 12 de decembro de 2017-. Papá Noel estará o vindeiro sábado día 16 de visita no Mercado Municipal, en Perillo. O encargado de traer os agasallos de nadal aos nenos e nenas desprazarase ata este recinto comercial con motivo da festa de Nadal que celebrarán os praceiros. Durante as festas, o mercado abrirá de maneira …

Contratación das obras de mellora das casas do pobo de Iñás e Nós

O Concello de Oleiros iniciou os trámites para a contratación das obras de mellora das Casas do pobo de Iñás e Nós. En Iñás procederase, entre outras cousas, ao cambio das fiestras, das portas e ao pintado interior. En Nós cambiaranse as portas da zona baixa e as fiestras. O custo total destas obras é de …

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies