Comunicación do Concello de Sada – Encontro Metropolitano

ATENEA STREET
A XEITOSIÑA

Desde o Concello de Sada estanse a por en contacto cos vecinos para participar no Encontro metropolitano que vai ter lugar o próximo mércores 15 de novembro no Salón de Pleno ás 19:30 horas. O obxectivo deste Encontro é dar información sobre a Área Metropolitana, tanto do proceso de constitución, como da consulta pública. Logo da presentación do alcalde de Sada, Benito Portela, e de mostrar que é a Área Metropolitana ou en qué beneficia aos veciños de Sada, abrirase un turno de debate con preguntas e reflexións da veciñanza.

No Encontro un equipo técnico farase cargo da moderación e contarase cun servizo de conciliación e un servizo de interpretación de lingua de signos. Segundo indica o alcalde de Sada, Benito Portela, o encontro servirá para mostrar á cidadanía o proceso e as vantaxes que ten o estar mancomunados polo que “agardamos contar coa participación da veciñanza, xa que toda achega da cidadanía contribuirá a conseguir un espazo metropolitano máis humano, máis sostible, máis respectuoso e máis xusto”.

A Estratexia Metropolitana da área da Coruña é a aposta estratéxica de área urbana que promoven os concellos de Abegondo, A Coruña, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada, co apoio do Consorcio das Mariñas, para favorecer un desenvolvemento urbano sostible e integrado para o período 2014-2020 mediante un proceso de participación cidadá, que aspira a facilitar a acción de transformación urbana, económica, ambiental, cultural e social da Área Metropolitana da Coruña, ensaiando ademais a posta en marcha dun novo modelo de gobernanza no que a toma de decisións se levará a cabo de abaixo a arriba.

“É necesario, sinala Portela,  ofrecer á veciñanza instrumentos de participación que axuden a resolver as necesidades básicas en materia de mobilidade metropolitana, creación de emprego,  ciclo da auga, ou planificación coherente do territorio”.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies