Feira de Abegondo – Mercado de Outono

A XEITOSIÑA
ATENEA STREET

Trátase dunha feira especial que denominamos Mercado de Outono. Todos os postos que veñen habitualmente á feira do segundo domingo de mes reubicaranse en varias rúas situadas preto do Concello. Contaremos coa colaboración da AAVV Sta Eulalia de Abegondo e co Comercio e Hostalaría de Abegondo. Na feira terán prioridade os postos de alimentación, téxtil e artesanía sen descartar outro tipo de actividades.

Para solicitar un posto simplemente haberá que cubrir a ficha ou formulario de inscrición. É totalmente gratuíto participar na feira. Cada persoa deberá traer o seu toldo, carpa ou similar, é dicir montar o seu posto. Por iso é fundamental que nos indique os metros liñais que precisa. O Concello, reservará o espazo necesario en función das peticións que se vaian recibindo e da tipoloxía ou características do posto.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies