María Míguez presenta a súa obra A Trazos na Biblioteca Ánxel Fole de Nós

ATENEA STREET
A XEITOSIÑA

O vindeiro venres día 15, ás 19:00 horas, preséntase o libro A trazos de María Míguez na Biblioteca Ánxel Fole de Nós. O poemario, publicado pola editorial Piediciones, é un  libro que mestura lírica e ilustracións.

A trazos recolle letra e imaxe nun continuo diálogo que dá sentido á esencia deste poemario. Conta co prólogo de Pablo Malmierca, escritor e profesor de educación secundaria en Castela e León e unhas palabras a modo de epílogo da escritora e ilustradora Elisabeth de Prada.

María Míguez é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Realizou estudos de postgrado na Universidade da Coruña e actualmente exerce como profesora de Lingua Castelá e Literatura, compaxinando a docencia coa escritura e a pintura. Ademais colabora asiduamente en proxectos relacionados coa arte e a cultura como o libro de textos solidarios El mundo en tus manos cuxos beneficios irán destinados a Médicos sin Fronteras, así como en publicacións de revistas dixitais sobre literatura.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies