Primeira toma de contacto para o Mariñeiro de Mera o domingo no Grove

A XEITOSIÑA
ATENEA STREET

A traiñeira do Centro Deportivo Mariñeiro de Mera, única representante da comarca da Coruña na máxima categoría do remo galego, participa este domingo no Grove no V Memorial Lágar (11:30 horas). O equipo que adestra José Manuel Peláez medirase a máis de 20 tripulacións de toda Galicia na primeira regata da pretempada que servirá como toma de contacto entre os diferentes equipos. 

Aínda que os adestramentos comezaron no mes de outubro e os remeiros xa acumulan numerosas sesións,  a tripulación atópase polo momento en fase de rodaxe. O equipo mantén a base das pasadas tempadas, pero cinco integrantes tiveron que renunciar a seguir competindo debido ás dificultades de compatibilizar os seus traballos cos numerosos días de adestramentos. As súas ausencias foi preciso suplilas con outros tantos remeiros que se atopan acoplándose á remada e aos métodos de traballos merachos.

No apartado institucional, a directiva segue a traballar arreo para conseguir os apoios económicos necesarios para afrontar todos gastos que acarrea a participación na Liga Galega de Traiñeiras A. Ademais diso, a entidade ten prevista a adquisición dunha nova traiñeira para poder competir en igualdade de condicións cos demais equipos da categoría, que contan con embarcacións novas.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies