Todas as corais do municipio participan o domingo no tradicional Concerto de Nadal

A XEITOSIÑA
ATENEA STREET

O domingo ás 19:30 horas celébrase o Concerto de Nadal de Corais do municipio no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera. A Coral Polifónica de Mera, a Coral Polifónica Airiños de Nós, a Coral Polifónica Lembranzas de Santa Cruz, o Coro Tradicional Dorna e o Coro de Oleiros interpretarán diversas panxoliñas e unha última peza conxunta. Ademais, o Coro de Voces Brancas da Escola Municipal de Música abrirá a xornada.

Nesta tradicional xuntanza participan todas as corais do concello, co fin de intercambiar impresións e desexarse un feliz ano novo. Con este concerto, o Concello de Oleiros pretende fortalecer a relación entre os diferentes coralistas que participan en numerosos eventos musicais durante todo o ano.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies